InicioDEPORTESAs Brigantias e as Irmandiñas abren a nova tempada do intenso Roller...

As Brigantias e as Irmandiñas abren a nova tempada do intenso Roller Derby

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Novo curso en marcha para o mundo das Roller Derby. Un deporte de contacto e velocidade, de patíns e brazos, nado en EEUU e que en Galicia e España vai medrando de xeito importante, sendo a Coruña unha potencia a nivel estatal.

Se o parqué do pavillón de Monte Alto xa ferve coas rodas das xogadoras das Brigantias Roller Derby, o de Elviña fai o propio coas Irmandiñas Roller Derby. Ambos conxuntos teñen as portas abertas para recibir novas xogadoras e invitan a probar a todas aquelas rapazas que queiran alimentar a súa adrenalina e facer familia. “Sempre fan falta novas xogadoras”, sinalan dende os clubs.

Os clubs contan co apoio da Federación Galega de Patinaxe, pero é a autoxestión, e as cotas que paga cada xogadora, á que lles permite competir. Por exemplo, no Brigantia son 6 as mulleres que forman a directiva e as que se encargan da parte burocrática.

As Brigantias, potencia estatal

Adestramento das Brigantias: Foto-@af_rollerderby 1

Fundadas en 2012, as Brigantias están entre os 5 mellores equipos de España. De feito, o ano pasado o equipo A do club competíu na máxima categoría estatal da Liga Arde, enfrontándose aos tres grandes trasatlánticos deste deporte: Madrid, Barcelona e Valencia, tres dos mellores mellores equipos de Europa.
A máxima categoría está formada por 4 equipos, polo que nos últimos anos as Brigantias pelexan co cadro vasco do Botxo Killers por esa cuarta praza. A pasada tempada caeron no playoff celebrado en Torrelavega (en casa compiten moi ben pero fóra da casa teñen moitas baixas pola conciliación, traballo…) polo que este ano competirán na 2ª División contra as madrileñas do Black Thunder e do Madrid B, e co Sereas Bravas de Vigo.

Será precisamente este enfrontamento coas olívicas na 2ª estatal unha vinganza pola derrota sufrida na pasada final da Liga Galega.

Na Liga Galega competirá tamén o equipo B das Brigantias, precisamente coas Irmandiñas (con partidos moi igualados), as Vigo Roller Derby e as Jabatas de Ourense.

As Brigantias invitan a acodir e insisten en que non é necesario ter coñecementos de patinaxe, tan só acudir con patíns ou enviar un mail a uneteasbrigantias@gmail.com (ou a través do Instagram @asbrigantiasrollerderby) para solicitar patíns e proteccións, así como información para unirse ao equipo.
Os adestramentos son na Coruña:
– No Polideportivo Monte das Moas: Mércores 20:00 – 22:00 h.
– No Polideportivo Monte Alto: Xoves 20:00 – 21:00 h
– No Polideportivo Frontón Riazor: Domingo 11:00 – 14:00 h.

As Irmandiñas

As Irmandinas Roller Derby-Foto-@af_rollerderby
As Irmandiñas Roller Derby-Foto-@af_rollerderby

As Irmandiñas adoitan adestrar os luns ás 20:00 en Elviña, e xa podes probar na Xornada de Portas abertas da semana que vén:

Torneo Internacional en outubro en Monte Alto

O deporte terá unha cita internacional importante o vindeiro 7 de outubro no pavillón de Monte Alto. As Brigantias invitan a Oxford e Praga, dous equipos internacionais, para realizar un torneo que terá partidos espectaculares de alto voltaxe, con árbitras internacionais. O ano pasado eran as xogadoras de Rotterdam e Malmo as que visitaban, e disfrutaban ao máximo, a cidade herculina, e este ano serán as inglesas e as austríacas.

Novas relacionadas

ÚLTIMAS

Kate Ryan, Mocedades, Los Panchos, Los Planetas e Omar Montes actuarán nas festas de María Pita

Kate Ryan, Mocedades, Los Panchos, Los Planetas e Omar Montes serán algunhas das propostas...

Morre un home de 88 anos na praia de Riazor

Un home de 88 anos, con iniciais J.S.M., faleceu este martes cando se bañaba...

Aprobado un novo edificio de 7 pisos na Avenida de Arteixo

Aprobaba onte o Concello da Coruña a autorizacón á promotora Highfive, o proxecto de...

O persoal de recollida de lixos esixe unha reunión ao Concello para resolver o conflito

O persoal do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos da Coruña esixiu unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here