InicioECONOMÍAA coruñesa ElPulpo merca a firma infantil Nanos

A coruñesa ElPulpo merca a firma infantil Nanos

Publicada o

Por editor

A firma galega de moda elPulpo adquiriu Nanos, co que reivindica que continúa a súa estratexia de crecemento dentro do mercado da moda infantil. Segundo destaca nun comunicado de prensa, para este crecemento ten previsto un “ambicioso plan de expansión” no próximos tres anos, agora con Nanos “como marca de prestixio e gran valor para o grupo” e coa incorporación de 10 das súas tendas “crave a nivel nacional”.

Fundada e dirixida por José Antonio e Jorge Chacón, e entre cuxo accionariado principal destaca o actor Xosé Antonio Touriñán, elPulpo resalta esta operación corporativa como “importante”, ao tratarse Nanos dunha “icónica firma de moda infantil”.

Nanos, fundada en 1963 en Ortigueira por Pilar Martínez Sanjuán, foi de feito, segundo resalta elPulpo, “a marca emblemática da moda infantil durante máis de medio século“. En 2020, a compañía alcanzara os 400 puntos de venda en todo o mundo, con 40 tendas propias e unha facturación de 14 millóns de euros.

Entre os seus clientes máis destacados menciona ás familias reais de España, Mónaco e Holanda, e ‘celebrities’ internacionais como a familia Beckham.

“UNHA OPORTUNIDADE”

A decisión de adquisición por parte de elPulpo levou a cabo despois de que Nanos presentase concurso de acredores nos últimos meses. O grupo coruñés, cunha ampla experiencia na xestión e distribución de marcas de moda, ve en Nanos “unha oportunidade para potenciar o sector e seguir impulsando a moda galega cos máis altos estándares de calidade e sustentabilidade” que elPulpo asegura abanderar “desde as súas orixes”.

“Fainos especial ilusión, á vez que supón un gran reto, o que Nanos se una ao proxecto de elPulpo, posto que é unha firma á que admiramos e coa que compartimos valores moi significativos”, afirma José Antonio Chacón, CEO Founder de elPulpo.

elPulpo, unha empresa 100% galega, destaca desde a súa fundación en 2005 polo seu enfoque na sustentabilidade, o respecto ao medio ambiente, “a frescura e a calidade nos seus deseños”, incide.

Na actualidade a marca conta con ‘flagship stores’ na Coruña e no madrileño barrio de Chamberí; 30 ‘corners’ en centros El Corte Inglés a nivel nacional e máis de 120 puntos de venda multimarca en España. Ademais, abriu ‘showrooms’ na Coruña, Madrid, Bilbao e Lisboa; e está inmersa nun plan de internacionalización co foco posto en Italia, Portugal, Francia e México.

Nanos, segundo elPulpo, continuará así “vestindo aos pequenos máis esixentes con deseños frescos e confeccionados cos máis altos estándares de calidade, focalizándose na súa liña de primeira posta, entre os 0 e os 36 meses, e no seu ‘kids collection’, pensada a partir dos 4 e ata os 12 anos”. Dos 12 anos en diante, a oferta completarase coa colección de elPulpo, enfocada en moda xuvenil e produtos ‘genderless’.

ÚLTIMAS

(Vídeo) A outra Luísa Villalta: poesía, música e sensibilidade da man de Estíbaliz Espinosa

"Sempre é desandado o camiño”. O camiño que Luísa Villalta fixo e refixo, andivo...

O FEAE á innovación educativa, novo premio para a campaña “Aquí tamén se fala”

Segue colleitando premios, e espallando o poder da lingua galega, o proxecto "Aquí Tamén...

A resaca branquiazul

Celebrou a Coruña, por partida cuádruple, o ansiado ascendo do Dépor á 2ª División....

Acampa pola Paz instalará un campo simulado de refuxiados e un memorial polos menores asasinados en Gaza na Coruña

Acampa pola Paz instalará na Coruña do 7 ao 9 de xuño un campo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here