InicioBARRIOSAs Festas de Monte Alto reivindicaron o papel social das cidades

As Festas de Monte Alto reivindicaron o papel social das cidades

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Reindicativas as Festas deste mes de outubro de Monte Alto. Esa especie de praza inventada na parada de buses da Rúa da Torre volvía acoller un amplo escenario para celebrar unha completa fin de semana. Xa arrincaba a troula na sesión vermú sabatina co pasarrúas en clave de swing dOs Bregadiers e coa combativa The Tetas Van.

Abría a noite de concertos Fran Amil (que viviu na mesma praza) e banda AMILicia, con temas dos Diplomáticos, cantándolle aos “ghaiteiros” do país, rescantando temas míticos como “Monte Alto de Rachi”. Un Amil comprometido, cantando a Manuel María en clave de reagge e de R&R e mesmo atrevéndose cunha versión funki do Negra Sombra de Rosalía.

Banda Amilicia en Monte Alto
A Banda Amilicia en Monte Alto

A banda deu paso ao “honesto” pregón de Marta Otero (xornalista de La Opinión) e Antón Losada (da Cadena Ser) como membros da Revista Luzes. Un pregón que defendeu que “as cidades son os barrios, os nenos nos parques”, e que “a cidade é para vivir nela non para facer negocio”.

De contado comezaba o espectáculo audiovisual de Baiuca. Quedou pequena a “praciña” para o concertazo dun dos grandes abandeirados da evolución electrónica da música galega tradicional. O proxecto de Alejandro Guillán, con Xosé Lois Romero ás percusións, deixou unha pegada fantástica no barrio. As cantigas tradicionais, as desgarrradoras voces e os ritmos frenéticos das pandeiretas das Lilainas maridaron á perfección coas bases electrónicas tan caracteristicas. Mención aparte o apartado visual, cun coidado das imaxes fantástico.

Máis Novas

Loquillo e Miguel Costas encabezan as Festas do Rosario

ÚLTIMAS

Finalizado o tendido de vía no porto exterior de Punta Langosteira

As obras do acceso ferroviario ao Porto Exterior de Punta Langosteira alcanzaron un novo...

O delegado de Loterías acusado de encubrir ao seu irmán: “Non vin actitude ilícita”

O delegado de Loterías na Coruña, Miguel Reija, -- acusado de encubrir ao seu...

Alvedro asumirá 140 voos máis semanais polas obras en Lavacolla

Aena pechará desde este xoves, día 23 de abril, e até o 27 de...

Sophie Simonds, Cecilia Burillo, Lara Soft e Plati DJ Set enchen Iconas, unha noite de visibilidade LGBTQ+

Este venres 24 de abril, a Sala Tío Ovidio abrirá as súas portas ás...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here