InicioSUCESOSO choque entre unha moto e unha furgoneta na Coruña remata co...

O choque entre unha moto e unha furgoneta na Coruña remata co motorista evacuado ao hospital

Publicada o

Por Ángela Precedo

Unha moto e unha furgoneta chocaron tamén esta tarde na Coruña. Os feitos ocorreron na rúa de Juana de Vega, e o motorista foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Un particular contactou co 112 Galicia cara ás 14.30 horas para explicar o sucedido: unha persoa permanecía tendida no chan despois de chocar coa moto que manexaba contra unha furgoneta. Durante a conversación, indicaba que o ferido parecía non responder os estímulos das persoas que se achegaron a auxilialo nun primeiro momento.

Desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros, aos axentes da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da Coruña.

ÚLTIMAS

A salsa de Marc Anthony conquista A Coruña nunha noite para a lembranza

Foron moitas as persoas que se agolparon dende ben cedo ás portas do Peirao...

O Seprona intercepta unha furgoneta con 429 quilos de lagostinos sen documentación

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil interceptou unha furgoneta procedente...

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here