InicioBARRIOSO Xerión, finalista dos premios Gràffica

O Xerión, finalista dos premios Gràffica

Publicada o

Por editor

Os Premios Gráffica xa teñen finalistas e entre elas está O Xerión. O movemento anónimo de arte urbana, que colle a icónica calavera do xigante mitolóxico batido por Hércules, é dende o verán de 2021 unha revolución na cidade.

Tivo que loitar contra o ridículo das administracións que intentaron borrar estas intervencións artísticas, convertíndose, pouco a pouco, intervención a intervención, nun símbolo da cidade herculina coma ese xigante que loita contras as carencias dos barrios.

Agora comparte espazo entre os finalistas deste certame a nivel estatal con outros galegos como Pepe Barro ou Sargadelos.

O colectivo convocante considera que “o máis impresionante de Xerión é a súa capacidade de evolución e adaptación. O que comezou sendo un deseño sinxelo en branco e azul diversificouse nunha variedade de versións, cores e representacións. Converteuse nun sistema de deseño que podía ser replicado en calquera lugar e por calquera persoa. O “Xerión” converteuse nun símbolo de autoría colectiva e anónima que desafiou á administración municipal e cuestionaba o uso do espazo público na cidade”.

Valoran a mensaxe “máis profunda” da proposta, cuestionando “a comercialización do espazo público, defendendo a liberdade de expresión e promovendo a interacción entre os habitantes da cidade nas rúas e prazas”. “Este fenómeno urbano é un exemplo extraordinario de como o deseño pode ser unha ferramenta para revitalizar a identidade dunha cidade, cuestionar as dinámicas urbanas e fomentar a colaboración e o sentido da comunidade”, sentenza.

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here