InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOADEGA convoca varias saídas para coñecer a biodiversidade da ría da Coruña

ADEGA convoca varias saídas para coñecer a biodiversidade da ría da Coruña

Publicada o

Por editor

Coa intención de achegarnos á nosa natureza (o que coñece o seu patrimonio natural, máis o respecta e o coida), ADEGA, a través da empresa Mar Abaixo e en colaboración co Concello da Coruña, organiza unha serie de 7 saídas ao redor da ría da Coruña para a identificación de biodiversidade nos meses de outubro a novembro.

Saídas que contarán cun guía especializado na identificación de flora e fauna litoral, que analizará problemáticas como as dos residuos ou as especies exóticas invasoras.

A actividade estará destinada a todo tipo de públicos e en cada viaxe poderán participar 6-8 persoas.

As primeiras saídas serán o xoves 26 e venres 27 de outubro, no galeón Punta Pragueira.

Podes inscribirte neste formulario.

ÚLTIMAS

Olladas doutro tempo: Peixeiras no muro

Coruña existe polo seu porto. Éste inflúe ó longo da Historia sobre o desenrolo...

O Goberno corrixirá os topónimos deturpados da Coruña dun documento tras denuncialo o BNG

O Goberno central corrixirá os topónimos deturpados da Coruña (e Ourense) dun documento cun...

Volve a icónica camiseta verde do Súper Dépor, xa á venda

A empresa láctea Feiraco (integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, a maior cooperativa leiteira de Galicia, con...

A granxa coruñesa Landeira Sociedade cooperativa Galega, terceira mellor a nivel nacional pola calidade xenética dos seus animais

Tres granxas galegas (unha na provincia da Coruña e dúas na de Pontevedra) atópanse...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here