InicioA CORUÑAO Día do Dano Cerebral Adquirido tamén se convirte en pugna entre...

O Día do Dano Cerebral Adquirido tamén se convirte en pugna entre Concello e Xunta

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Acollía hoxe o Pazo de Maria Pita un acto do organizado pola asociación Adaceco co gallo do Día do Dano Cerebral Adquirido. Un emotivo evento que serviu para visibilizar esta pouco coñecida enfermidade e o traballo desta entidade. Unha entidade que leva dúas décadas de existencia traballando para mellorar a calidade de vida dos seus usuarios e usuarias e das súas familias; así como por facer que a discapacidade “non supoña un límite para as persoas”.

No acto, coordinado polo presidente da entidade, Juan Luis Delgado, serviu para ler un manifesto baixo o lema ‘El valor de lo que no se ve’, co que a Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) reclama unha maior visibilidade das persoas con dano cerebral adquirido para a súa completa inclusión. O manifesto sinala tamén diferentes demandas como o impulso dunha Estratexia Nacional de Atención ao Dano Cerebral Adquirido, a elaboración dun censo completo de persoas con Dano Cerebral así como a creación da categoría diagnóstica, aplicable no momento da alta hospitalaria.

Pero a cita tamen serviu para volver amosar o enfrontamento constante que se vive entre Xunta e Concello. O goberno municipal socialista xa prepara o terreo na Xunta de Goberno celebrada na previa da efeméride, aprobando o estudo de detalle que permitiría construír un centro de día para Adaceco no barrio de Eirís, nun terreo municipal que lle foi cedido á entidade xa en 2019.

Así, a rexedora aproveitou o discurso para urxir á Xunta o financiamento para a construción do devandito centro. “Somos conscientes de que precisades financiamento e neste día de reivindicacións quero esixirlle á Xunta de Galicia que se implique no financiamento deste centro tan necesario para a cidade da Coruña e toda a súa área” concluíu Inés Rey.

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here