InicioDEPORTESEstrella López Sheriff, a judoka herculina que rompe barreiras para ir aos...

Estrella López Sheriff, a judoka herculina que rompe barreiras para ir aos XXOO de París 2024

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa temos falado no Xornal de dous das promesas máis reais do judo coruñés, como son Estrella López Sheriff e Alberto Gaiteiro.

Hoxe falamos paseniño con Estrella (@estrellajudo), tras voltar de Abu Dhabi dunha competición internacional, e mentres prepara o seu asalto ao Campionato de Europa Sénior, que se disputa dende este venres 3 de novembro en Montpellier (Francia), cita na que tamén estará Gaiteiro como un dos seis representantes galegos.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by @galiciajudo (@galiciajudo)

Atópase en plena loita por meterse no equipo nacional que represente a España no Xogos Olímpicos de París 2024. Actualmente estaría clasificada, xa está entre as 18 mellores do mundo e a primeira deportista nacional da súa categoría (-52kg). Pero é unha competición moi dura ata un mes antes da gran cita polo que non pode deixar de adestrar e competir.

Asñi, a convocatoria entre as 9 escollidas pola Federación española para estar en Montepellier é moi importante porque puntúa para el ranking de los Juegos Olímpicos, tendo en conta ademais que só poden ir dúas deportistas por categoría. Así, esta cita non é defintiva pero si esencial para poder soñar con París 2024. De aquí a fin de ano determinaranse os representantes estatais, despois das probas do Open de Perth ( 17 de noviembre) e Grand Slam de Japón (2 diciembre).

Grandes resultados a pesar das dificultades

Estrella Lopez Sheriff Judoka Coruna
RamneKagura é outro dos patrocinadores de Estrella

Pero a vida dunha deportista de alto nivel non é para nada doada. Vive no Centro de Alto Rendimiento de Madrid, pero leva orgullo a representación da cidade da Coruña e ao Judo Club Hércules.

”O judo é un deporte con pouca cobertura mediática, pero con moitas licenzas en España, que se practica en case todos os centros educativos como actividade extraescolar e que ensina unha disciplina e valores sorprendente”, explica. Unha situación que provoca que “a selección española obteña sempre uns resultados incribles a pesar de non ter unha estrutura potente”, sinala en relación á estrutura de base da federación nacional e as autonómicas: “as competicións e os adestramentos pagámolas pola nosa conta. Temos que pagar as competicións de circuítos internacionais que contan para os Xogos Olímpicos. Moitas veces atletas con opcións reais de clasificarse quedan fóra por motivos económicos”.
”Algúns de nós temos a sorte de contar cun poderoso patrocinador. No meu caso RamenKagura e Manzanas Livinda fan posible que estea onde estou e probablemente represente a España en París. Estas empresas que axudan ao deporte olímpico español marcan a diferenza e fan posible que eu estea nesta loita.”, explica. Ademais, recoñece da osrte que ten das axudas recibidas pola Federación Galega de Judo.

Estrella Lopez Sheriff Judoka Coruna Livinda. Manzanas

”Adestramos por separado por clubs, viaxamos sen fisioterapeuta ou médico a un gran número de competicións e un longo etcétera que non se coñece”, lamenta.

En canto aos títulos, a compensación económica é moi pouca. “O ano que cheguei a ser terceira de España e déronme 2.000€…” Valora o cambio das axdas da ADO; e a partir deste ano hai máis marxe para acceder as axudas estatais, pero a federación internacional non dá compensación algunha.

A muller, protagonista

Considera que “é un deporte especial, porque é individual pero require un equipo para adestrar. Nese sentido aadestramos homes e mulleres xuntos (isto ocorre en moi poucos deportes), e temos un gran número de referencias femininas”, explica sen entender moi ben a espectacular canteira que ten Galicia, “incriblemente preparada e motivada”.

Unha carreira

Estrella ten os pés na terra, e sabe que dun deporte coma este é moi difícil vivir. Nunca deixou de estudar e xa é licenciada en Psicoloxía e mesmo conta cun máster en Psicoloxía do deporte, “un mundo que segue impresionándome. Son psicóloga deportiva e encántame. Traballo con algúns deportistas a nivel individual e con algúns clubs a nivel grupal. Tamén algúns adestradores me piden axuda”. “Estou ilusionada coa miña carreira profesional máis alá do deporte: é un tema que está en auxe e creo que podo aportar moito”, conta esta xa profesora da materia de psicoloxía do deporte no grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na UNIR.

Estrella Lopez Sheriff Judoka Coruna Livinda.

Máis novas

Dous judokas “herculinos” polo podio mundial

ÚLTIMAS

Morre un home na praia do Orzán, menos dun día despois doutro falecido en Riazor

Un home perdeu a vida na mañá deste mércores na praia do Orzán, na...

A concesionaria do servizo de lixo da Coruña comeza a aplicar man dura contra os folguistas

A concesionaria do servizo de recollida de lixo da Coruña, Prezero, comunicou 29 sancións graves este...

O 4 de marzo, martes de Entroido, e o 24 de xuño, San Xoán, serán festivos na Coruña en 2025

O Concello da Coruña decretou que o 4 de marzo, martes de Entroido, e o 24...

Mariscadores do Burgo secundan unha nova concentración á espera dunha solución ás axudas que reclaman

Membros da Confraría de Pescadores da Coruña mobilizáronse, este mércores ante a Delegación do Goberno, para esixir...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here