InicioCULLEREDOAs familias do Conservatorio de Culleredo volveron á rúa para esixir máis...

As familias do Conservatorio de Culleredo volveron á rúa para esixir máis profesorado

Publicada o

Por editor

Despois dun curso pasado cheo de mobilizacións, e tras comprobar e denunciar que a falta de profesorado segue vixente neste comezo de curso,  a ANPA O Burgo do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Culleredo volveu concentrarse este venres diante do Conservatorio para “reivindicar ensinanzas artísticas de calidade e a cobertura inmediata das prazas de profesorado nas especialidades de frauta e guitarra”.

Recoñecen que, na primeira semana de novembro se incorporaron 3 docentes para a especialidade de piano, pero está pendente de incorporación o persoal docente nas especialidades de frauta e guitarra.

As familias seguen sen comprender “como é posible que logo da problemática do anterior curso escolar, o Concello de Culleredo publique a convocatoria para a creación de listaxes de substitución o 29 de maio e demore ata o 2 de outubro a finalización do proceso de selección”.
Consideran tamén “incomprensible que finalizado o dito proceso, se incorpore o persoal especialista de piano o 3 de novembro e estea pendente aínda a incorporación do persoal especialista de frauta e guitarra”.

Lembran ademais que o 18 de setembro solicitaron unha xuntanza á Concelleira de Educación, “pero seguimos sen recibir respostas”.

ÚLTIMAS

Aberta a Casa dos Xoguetes para fomentar a economía circular por Nadal

Non hai outra época tan consumista como o Nadal. Para intentar calmar conciencias, para...

Prendidas 3 millóns de luces do nadal coruñés

Pablo, Etienne, Hugo e Lorena foron os encargados este ano de prender os máis...

Concello da Coruña e Xunta apelan á fortaleza do audiovisual na XVII edición de ‘Ideas para Producir’

O Concello da Coruña e a Xunta apelaron á fortaleza do audiovisual galego na...

Miranda (BNG) afirma que o final das obras de dragado da ría do Burgo será cando se volva a mariscar

A eurodeputada do BNG Ana Miranda asegurou que o final das obras de dragado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here