InicioMOV. SOCIAISO profesorado comeza, con fotos protesta, un mes de mobilizacións

O profesorado comeza, con fotos protesta, un mes de mobilizacións

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O profesorado do país segue en loita. Vímolo estas semanas coas mobilización das traballadoras das Escolas Infantís privadas e de xestión indirecta emais da folga dos centros de primaria e secundaria do pasado día 24 de outubro.

E os sindicatos CIG-Ensino, STEG e CSIF, que representan en total ao 60% do profesorado galego, avanzaban a semana pasada un mes de novembro cheo de mobilizacións do profesorado. Se a vindeira semana haberá concentracións nas cidades o martes e unha manifestación nacional en Compostela o domingo, as primeiras accións realizáronse estes xoves e venres nos propios centros.

Estaban chamados dende CRAs a CEIPs, desde unitarias a centros de Educación Especial, desde CPIs a IES, desde CIFPs a Escolas de Artes, desde Escolas de Idiomas a Conservatorios… E houbo moita resposta, segundo sinala a CIG, que manda fotos de numerosas concentracións de profesores e profesoras.

Concentracion no CIFP Someso
Concentracion no CEIP Francisco Vales Villamarin de Betanzos
Concentracion protesta profesorado IES MARÍA CASARES OLEIROS PROTESTA 09-11-23
Concentracion no IES María Casares de Oleiros

Demandas para mellorar o ensino público

Piden o inicio da redución de ratios en todas as etapas educativas desde o vindeiro curso, recuperación das 18 e 21 horas lectivas que tivo o profesorado galego ata os recortes de Feijóo e Rajoy, un plan de eliminación da burocracia con medidas concretas e un incremento retributivo lineal para todo o profesorado sen ter en conta a súa antigüi dade e o cargo que ocupa.

“Semana de loita polos nosos dereitos”: martes 14 concentracións e domingo 19 manifestación en Compostela

O martes 14 celebraranse ás 7 da tarde concentracións en todas as cidades galegas, sendo a da Coruña na Praza de Pontevedra.

Ademais o domingo 19 terá lugar unha manifestación en Compostela á que está convidada a participar toda a comunidade educativa: ANPAs, familias e alumnado… para visibilizar que a mellora do ensino público.

Máis novas das protestas no ensino

Traballadores en escolas ‘Galiña Azul’ e en atención a maiores maniféstanse na Coruña contra a temporalidade

As traballadoras das Escolas Infantís reividican na rúa a súa relevancia social

ÚLTIMAS

Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

Ao longo da semana imos completar a axenda que se nos vén enriba esta...

O Samaín volve descubrir o Ollo de Vidro de Castelao polo Día de Defuntos

Por cuarto ano consecutivo, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, a través da...

Feijóo volve a Galicia esta fin de semana para mitinear na Coruña

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de...

A Asoc. Galega de Software Libre lanza un concurso para mellorar a xestión das instalacións deportivas municipais galegas

En moitos concellos galegos, especialmente nos máis pequenos, a reserva de instalacións deportivas aínda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here