InicioCULLEREDOVolve a normalidade ao Conservatorio do Burgo

Volve a normalidade ao Conservatorio do Burgo

Publicada o

Por editor

Tiveron que pasar 6 meses de mobilizacións durante o curso pasado, e un mes neste, para que se normalice a situación no Conservatorio do Burgo. O Concello de Culleredo explicaba o luns o proceso de reposición do profesorado que faltaba, e hoxe é a ANPA O Burgo a que recoñece que xa están cubertas todas as prazas pendentes de substituir.

”Dende a Anpa O Burgo celebramos que por fin o centro funcione con normalidade, retomando o alumnado a súa actividade lectiva con normalidade. Valoramos moi positivamente que dende o centro se esté ofertando ás familias a posibilidade de recuperación das horas lectivas perdidas ata o momento”, sinalan, lembrando a “reflexión profunda” e común realizada na reunión do pasado venres 10 coa Concellería, na que se “sentaron as bases para unha coordinación eficaz que redunde nunha educación artística de calidade”.

A maiores a ANPA realizou diversas propostas e acordouse manter unha comunicación fluída entre Concello e familias.

Máis novas

As familias do Conservatorio de Culleredo volveron á rúa para esixir máis profesorado

As familias do Conservatorio de Culleredo volveron á rúa para esixir máis profesorado

ÚLTIMAS

Comezan os preparativos para os concertos no peirao de Calvo Sotelo

O peirao de Calvo Sotelo permanece pechado ao acceso público con motivo do comezo...

A Xunta e o Concello acordan a protección definitiva da Torre de Hércules como espazo natural

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a orde pola que se...

A transición enerxética no mar pasa polos combustibles verdes: a UDC avalía as opcións máis sostibles

Un estudo do investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI)...

Un veciño da Coruña, investigado por estafa nunha rede internacional

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a un veciño da cidade...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here