InicioDEPORTESSara de Castillo, a herculina que domina as categorías base do bádminton...

Sara de Castillo, a herculina que domina as categorías base do bádminton estatal

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro
  • Inés Poncela e Maia Freire completan o trío de herculinas que demostra o poderío da sección de bádminton do Club do Mar, adestrando xa no Centro de Alto Rendemento de Pontevedra, e formando parte da Selección Española.
    — — —

Vén de actualizar a Federación Española de Bádminton os rankings nacionais das categorías de base. E ata 6 galegas se colocan na cima das clasificacións, facendo historia para o bádminton galego. As galegas Eva Lemos (sub 9), Inés Lemos (sub 11), Xulia Otero Añón (sub 13), Iziar Barcala Iglesias (sub 17) e Ana Nóvoa Sánchez (sub 19) demostran, xunto á herculina Sara del Castillo (sub 15), que Galicia é unha potencia na materia.

Sara de Castillo (ten aínda 13 anos, cumple en breve 14) conta dende este curso cunha beca que lle permite vivir unha vida profesional no Centro de Alto Rendemento de Pontevedra. Alí reside, estudia e entrena a diario, formando parte do elenco de escollidas deste deporte, tendo en Carolina Martín o mellor espello para ilusionarse.
Tiña moitas dúbidas ao saír de casa con só 13 anos, e desprenderse ademais o mundo do fútbol sala despois de quedar campiona de España co Viaxes Amarelle. Pero síntese moi a gusto a día de hoxe “disfrutando dunha experiencia moi enriquecedora e todas as cousas boas relacionadas con ver mundo da cultura deportiva de alto nivel”, explica o seu adestrador coruñés Rubén Espinosa.

Sara comezaba nas escolas deportivas municipais hai xa 6 anos, e foi derrubando barreiras, pasando de competicións á internacionais. Este ano está sendo clave na súa progresión.

Trío coruñés na Selección Española

Ines Sara e Maia do Club do Mar de Badminton
Inés Poncela, Sara del Castillo e Maia Freire coas camisetas da Federación Galega de bádminton

Probas internacionais como a que vai disputar esta fin de semana, a Iberdrola Spanish International que se celebra en Ibiza. Alí vai acompañada doutras dúas promesas do bádminton coruñés: Inés Poncela e Maia Freire (en idade sub13 pero xa competindo en sub15), como representantes da Selección Española.

Ambas, a través dun convenio coa Federación Galega de Bádminton xa acoden cada semana dous días a adestrar a Pontevedra. Fano por dous motivos: primeiro, para que Inés e Sara poidan adestrar para os dobles; e para que a transición, no caso de que a progresión continúe correctamente e o ano que vén poidan acceder a esa beca e ir vivir ao CT sexa máis doada.

Maia Freire Club do Mar Badiminton
Maia Freire
Ines Poncela e Sara del Castillo
Inés Poncela e Sara del Castillo fan un dos mellores dobles do estado

Despois da cita de Ibiza, as tres irán ao Campionato de España no mes de decembro.

Club do Mar, potencia en materia de deportes de raqueta

Sara del Castillo e Ines Poncela co adestrador Ruben Espinosa
Sara del Castillo e Inés Poncela co adestrador Ruben Espinosa

Ademais da potente sección de pinpon, o bádminton no Club do Mar é todo un desafío. Este ano contan con unhas 60 fichas, contando as xentes das escolas e os Veteranos, sendo arredor de 25 os que compiten de xeito federado a un alto nivel.

”En chicas estamos a un gran nivel”, recoñece Espinosa, que agradece a chegada de varios rapaces asiáticos algo maiores, procedentes do Colexio Obradoiro, que axuden nos adestramentos para conseguir unha melloría notable nas promesas incipientes.

ÚLTIMAS

Trasladados ao xulgado os dous detidos na Coruña por enfrontamentos coa Policía antes do partido Dépor-Málaga

As dúas persoas detidas por enfrontamentos coa Policía na Coruña antes do partido do Real Club...

A Xunta lanza unha liña de prestamos con 10 millóns para apoiar a empresas na provincia da Coruña

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este luns a creación dunha liña de...

A Coruña contará no 2026 cun programa de atención á soidade non desexada

O Concello da Coruña vai pór en marcha o Programa Municipal Experimental de Atención...

A comunidade educativa dos coles de Oleiros únense nunha concentración contra os recortes

Este mércores 9 de outubro, a comunidade escolar dos colexios Juana de Vega e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here