InicioMOV. SOCIAISCoruña Cura a 5.000 persoas en Senegal

Coruña Cura a 5.000 persoas en Senegal

Publicada o

Por editor

Un equipo de 16 voluntari@s da ONG Ecodesarrollo Gaia regresaron o pasado sábado, 11 de novembro, da localidade senegalesa de Yoff-Tonghor. Gazas ao proxecto Coruña Cura puideron pasar dúas semanas prestando atención médico-farmacéutica a uns 5.000 pacientes. que carecen de recursos económicos para acceder á atención sanitaria en Senegal.

Esta é a 20ª edición, e 12º ano, deste programa que se integra no plan global de desenvolvemento local sostible da ONG, e que pon o foco no aspecto hixiénico-sanitario desta localidade senegalesa.
O equipo desta edición estivo formado por 16 persoas, entre elas 12 médicos, 2 farmacéuticos e 2 enfermeiros de diversos lugares de Galicia. Completaron o grupo 2 persoas de apoio da ONG. Todos residiron nun colexio construído pola propia ONG que se chama Escuela Coruña.

Coruña Cura 2023_equipo en Senegal
Equipo de voluntari@s de Coruña Suma

Explican dende Gaia que os problemas máis frecuentes son lesións dermatolóxicas, feridas e úlceras con mala evolución, parasitos intestinais, sarna ou tiña. Pero tamén se realizan controis de enfermidades crónicas na poboación (principalmente hipertensión e diabetes), revisións de saúde pediátrica e, en colaboración co centro de saúde local, diagnóstico de desnutrición infantil, así como probas de malaria e algunhas intervencións cirúrxicas menores.

Ademais da asistencia médica, os cooperantes tamén facilitaron a esta poboación material de enfermaría e 500 quilos de medicamentos, entre analxésicos, antifúngicos, antibióticos, material de tratamento, etc. Doazóns aportadas por farmacias e hospitais, ademais das achegas económicas de particulares que facilitan o desenvolvemento do programa.

Unha cadeira de rodas

Coruña Cura 2023_silla de ruedas donada copia

Así mesmo, nesta expedición doouse unha cadeira de rodas adaptada para un mozo de 20 anos que, por mor dunha enfermidade infantil, quedou con dano cerebral como consecuencia. Isto provocoulle importantes limitacións no movemento e só podía saír da súa casa en brazos de alguén. O persoal sanitario de Coruña Cura tomoulle o pasado ano as medidas para fabricar en España unha cadeira a medida, que foi entregada nesta viaxe.

ÚLTIMAS

PP, Sumar e Podemos Coruña esixen explicacións á crise aberta no Goberno local da Coruña

A dimisión de onte da concelleira de Mobilidade e Infraestruturas Noemí Díaz, sumada á...

O alumnado do IES Salvador de Madariaga mergullouse na crúa realidade do franquismo con Agareso

Nestes tempos convulsos nos que parece que ser revolucionario é ser de extrema dereita,...

A Xunta adxudica por máis de 321.000 euros a redacción do proxecto da nova fase do CHUAC

A Xunta adxudicou por un importe de 321.395 euros a redacción do proxecto básico...

Piden 29 anos de cárcere para o home que encaixou tres veces o seu coche contra un bar dos Mallos

A Audiencia da Coruña xulgará a partir do próximo martes, día 30, ao home...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here