InicioCULTURAOllo de Vidro leva a súa exposición fotográfica Vira-Vidas á AC Alexandre...

Ollo de Vidro leva a súa exposición fotográfica Vira-Vidas á AC Alexandre Bóveda

Publicada o

Por editor

Este venres, día 17 de novembro ás 19.00 h, o colectivo Ollo de Vidro inaugura no local da activa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, (rúa Santo André, nº 36, 1º) a exposición fotográfica Vira-Vidas.

O colectivo de fotografía Ollo de Vidro, integrado na  formado por un conxunto de persoas que buscan expresar, mediante a fotografía, as súas maneiras particulares de ver o país e, tamén, poñer no foco as realidades que nos limitan e nos condicionan, inaugura unha exposición fotográfica colectiva que titula Vira-Vidas, máis natureza, menos eólicos.

Esta exposición pretende ser un aporte crítico á reflexión sobre a implantación masiva de xeradores eólicos no noso país porque entendemos que como calquera nova tecnoloxía é preciso que estea ao servizo da comunidade e non de grupos económicos.

Participan nesta exposición:

  • Lestonnac Ibañez
  • Eduardo Castro
  • Manolo Graña
  • Calros Silvar
  • Colás do Pieiro
  • M.d’Outeiro
  • Chelo do Xastre
  • Natacha San Vicente Pellicer
  • Raul Castro

Novas relacionadas

Olladas doutro tempo: Porta dos Sares

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here