InicioECONOMÍA“A mellor maneira de terminar coa ocupación ilegal é axudar ás persoas...

“A mellor maneira de terminar coa ocupación ilegal é axudar ás persoas sen recursos a acceder a un fogar digno”

Publicada o

Por editor
  • Son palabras de Augusto Pérez-Cepeda, presidente do Consello da Avogacía Galega, dende onde recoñecen que a maioría das consultas recibidas no Servizo de Asesoramento en Vivenda foron de persoas en risco de desafiuzamento.

— — —

Necesita a sociedade coruñesa reflexionar sobre a problemática da vivenda, e sobre onde poñer foco: na “okupación” ou no desafiuzamento? A tendencia mediática a alarmar á sociedade, a cantidade de publicidade de empresas de alarmas, os grupos máis conservadores lanzando arengas apocalípticas non lle fan nada ben a esta sociedade na que os sucesos son as novas máis compartidas.

Cando a realidade é que a moitas desas ocupacións son por mera necesidade. Así o entende o Consello da Avogacía Galega (CAG), financiado polo IGVS, que sinala que amaioría das consultas recibidas no que vai de ano no Servizo de Asesoramento de Vivenda foron de persoas que se atopan en risco de desafiuzamento por impago de rendas ou cotas hipotecarias, e supoñen un 34,25% do total das formuladas. Explican que só o 12,33% se refiren a situacións relacionadas coa ocupación ilegal.

Por todo isto, o presidente da entidade, Augusto Pérez- Cepeda explica que “a mellor maneira de terminar coa ocupación ilegal é axudar ás persoas sen recursos a acceder a un fogar digno”.

Aluguer

Ademais, o 23,29% das cuestións achegadas versaron sobre aluguer de vivenda, mentres que temas como cancelacións hipotecarias, uso do inmoble en caso de separación, pensións, xustiza gratuíta ou valoración de vivendas supuxeron o 21,92% das consultas, sendo o 8,22% consultas alleas ao convenio.

O 47,95% das persoas que utilizaron este servizo gratuíto do CAG son arrendatarios de vivendas, mentres que o 20,55% son propietarios de inmobles. O 31,51% restante corresponde a consultas feitas por comuneiros, veciños e familiares de propietarios, entre outros perfís.

A entidade, que aglutina a 167 avogados do 7 Colexios da Avogacía de Galicia, explica que as persoas usuarias deste servizo gratuíto do CAG foron predominantemente veciños das sete cidades de Galicia e ademáis doutros concellos, entre os que se atopa Arteixo ou Cambre.

Guías informativas e asesoramento telefónico

O Consello da Avogacía Galega tamén ten a disposición dos cidadáns dúas guías informativas confeccionadas polos servizos técnico-xurídicos da entidade; unha sobre desafiuzamento e outra sobre ocupación ilegal. Guías que podedes acceder dende avogacia.gal.

Ademais, podedes facer consultas a través dun formulario en liña accesible a través da web da CAG ou do número de teléfono 900 121 221 activo de luns a sábado en horario de mañá.

ÚLTIMAS

A Biblioteca de Monte Alto, 25 anos tecendo unha rede de amizade a través da amabilidade

Baño de parabéns, sorrisos e agradecementos vivíu este martes 11 de xuño a Biblioteca...

O sector de limpeza de edificios mobilízase en demanda de convenios dignos

O sector da limpeza de edificios e locais das provincias de Pontevedra e A...

A ampliación do centro de hípica de Amancio Ortega en Arteixo, máis preto de facerse realidade

A Xunta concedeu a autorización ambiental para o plan especial de ampliación do centro de hípica...

O Castelo de San Antón acolle o día 21 concertos de bandas locais

O Castelo de San Antón, na Coruña, acollerá o día 21 concertos de bandas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here