InicioA CORUÑAArrincaron as obras de retirada da duna de Riazor

Arrincaron as obras de retirada da duna de Riazor

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Cheira a verán, malia que mañá teñamos alerta amarela. Pero cada mes de maio,  a retirada da duna de area instalada ao longo do areal de Riazor é sinónimo do comezo da estación estival.

Dende hoxe as máquinas, criticadas polo sector máis conservacionista da cidade, xa andan por Riazor retirando esa duna instalada no inverno para protexer o paseo marítimo das inclemencias meteorolóxicas do mar.

Durante estes días, en función das mareas e da climatoloxía, escoitaremos o tradicional e molesto “pipi” das excavadoras.

 

A praia de Riazor e o resto de areais da cidade prepáranse xa para a tempada de verán, que comezará o próximo 15 de xuño. Este ano haberá dúas prazas máis do servizo de socorrismo, o que garantirá a presenza de persoal de maneira permanente na zona de baño do Parrote.

As maquinas aplanando a praia de Riazor

ÚLTIMAS

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os...

Un pleno máis tranquilo deu luz á situación de abandono do COF de Orillamar

Pleno máis tranquilo do habitual este xoves 8 de maio no Pazo de María...

Estes son os finalistas dos Premios Martín Códax da Música, os “grammy galegos”

Fixéronse públicos onte públicoss finalistas dos Premios Martín Códax da Música. As bodegas de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here