InicioARTEIXOInstan ao goberno de Arteixo a presentar recurso contra o parque eólico...

Instan ao goberno de Arteixo a presentar recurso contra o parque eólico Carboeiro

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A marea eólica tamén se ven enriba no Concello de Arteixo. Concretamente falamos do Parque eólico Carboeiro, que pretende instalar 8 aeroxeneradores de 4,5 MW de potencia unitaria, 6 no Concello arteixán e dous na veciña Laracha.

Falamos de viraventos de 164 metros de altura de buxe e 155 de diámetro de rotor, chegando así a unha altura de case 250 metros (como a Torre Foster, un dos 4 rañaceos de Madrid, que pasa por ser o edificio máis alto de España con 49 plantas).

Un parque contra o que teñen presentado alegacións todos os partidos da Laracha, por exemplo, onde mesmo o Concello ten solicitado á empresa que deixe de negociar casa por casa, para intentar acabar coa mafia eólica.

De aí que o grupo municipal socialista de Arteixo vaia no pleno sobre as iniciativas que vai tomar o goberno do concello de Arteixo para evitar a instalación deste “parque eólico tan lesivo para a poboación”, unha vez coñecida a noticia de que a Consellería de Medio Ambiente daba a autorización medioambiental para a instalación do parque.

Aínda que o goberno local declarou públicamente que consideraba “insuficientes pero positivos” os cambios que se facían no proxecto, para os socialistas de Arteixo “é vital que o goberno local tome a iniciativa e prepare cos técnicos municipais os informes necesarios para presentar recursos contenciosos-administrativos ante a autorización de do parque eólico de Caboeiro, tal e como propuxeran no mes de xuño do ano pasado.

Patricia Boedo, voceira do grupo municipal socialista, explica que en xuño do 2022, o goberno do Partido Popular no concello de Arteixo rexeitou a proposta socialista de incluír na moción institucional que se ía a aprobar no pleno ordinario, “o compromiso de tomar canta iniciativa administrativa e xudicial fose necesaria para poñerlle freo ao Proxecto de Parque eólico Carboeiro”, un proxecto que os socialistas consideran “lesivo para os intereses da nosa cidadanía e a súa calidade de vida”.

ÚLTIMAS

Concello e Goberno Central, e a Xunta, lánzanse as responsabilidades sobre os cooperativistas de Xuxán

Continúa a problemática dos cooperativistas de Xuxán. O que apenas hai 3 meses era...

Inés Rey destaca a ordenanza municipal sobre pisos turísticos: “Hai que pedirlle á Xunta que cumpra a lei”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a ordenanza municipal aprobada para regular os pisos...

Chayanne chega este domingo ao Coliseum co seu agardado reecontro co público galego

A xira internacional de Chayanne recala esta semana en Galicia cunha cita moi especial: o seu reencontro co...

Lembran que as bases estratéxicas do Plan Coruña Marítima volve omitir a titularidade dos terreos

Xa dimos conta da pantomima disfrazada de participación cidadá vivida o pasado venres no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here