InicioPOLÍTICAO primeiro debate electoral de ASCEGA volve ficar nunha serie de acusacións...

O primeiro debate electoral de ASCEGA volve ficar nunha serie de acusacións mutuas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Artellou esta pasada mañá de xoves a Asociación de Emprendedores de Galicia (ASCEGA) o primeiro debate electoral sobre a realidade da Deputación da temporada. Bernardo Fernández (alcalde de Pontedeume e Secretario Provincial do PSOE); Gumersindo Galego (alcalde de Fene polo PP) e Gelo García (alcalde de Oleiros por Alternativa dos Veciños) (non puido asistir Carmen Muíño polo BNG e a Marea non respondeu) foron os protagonistas dun novo exercicio de reproches e acusacións mutuas.

Como recoñece a propia entidade organizadora, a xornada estivo protagonizada polo cruce de reproches entre os ponentes. Por un lado, o Gelo de sempre, máis simpático e populista, loubando o papel da Deputación socialista e criticando á Xunta popular. No medio, Bernardo cun ton algo máis calmado pero botando sempre a culpa ao PP. E no bando contrario, Gumersindo, que malia incidir na necesidade de afrontar en serio o saneamento das parroquias, deixou claro que “o que a xente valora é asfalto e farolas”.

Un debate no que a pesar da presenza de entidades como COGAMI, a Fundación Érguete, apenas se propuxeron alternativas sociais. De feito, a pesar de que o último bloque ía directamente dirixido ás posibles solucións de futuro para combater a desigualdade, esta palabra non saíu da boca de ningún dos tres poñentes.

Ácedas foron as intervencións do público, xa acostumado ao longo dos anos a participar nestes exercicios de liberdade total que ofrece ASCEGA, e que deixou patente que a sociedade xa está cansa de que os debates se resuman ao PP e o PSOE botándose en cara o “ti máis”, saíndo a colación precisamente a necesidade de tomar medidas reais como eliminar a cita previa de todas as accións administrativas para poder saír da “tiranía da dixitalización”.

A entidade continuará cunha serie de debates ata o 11 de maio, con diferentes bloques temáticos para finalizar coa presentación de candidat@s.

ÚLTIMAS

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os...

Un pleno máis tranquilo deu luz á situación de abandono do COF de Orillamar

Pleno máis tranquilo do habitual este xoves 8 de maio no Pazo de María...

Estes son os finalistas dos Premios Martín Códax da Música, os “grammy galegos”

Fixéronse públicos onte públicoss finalistas dos Premios Martín Códax da Música. As bodegas de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here