InicioCAMBREA colaboración dun veciño permite que a Policía de Cambre identifique a...

A colaboración dun veciño permite que a Policía de Cambre identifique a un home que deixou as feces do seu can na vía pública

Publicada o

Por editor

Hai apenas unha semana que o Concello da Coruña actualizaba a ordenanza municipal para a protección e tenza de animais, provocando que a suba das sancións vaia de 100 a 500 euros. Pero para executala o gran impedimento é que os donos dos animais que non recollen os excrementos teñen que ser collidos in fraganti, tendo a posibilidade de actuar correctamente se ve mouros (véxase neste caso “policías locais”) na costa.

Por Cambre, a veciñanza parece educada, e esta semana a colaboración dun veciño, natural da Coruña, permitiu que a Policía Local identificase a un home que deixou as feces do seu can na vía pública. Lonxe de ser un acto puntual, tal e como advertira o individuo aos axentes, foi un comportamento recurrente por parte do acusado, cuxo domicilio está situado na rúa Amil. Grazas á información facilitada, a Policía Local puido comprobar como o dono do can evitaba recoller os excrementos do can, que se desprazou nunha zona verde situada na zona.

Estes feitos están tipificados como infracción leve na ordenanza reguladora de limpeza viaria e ornato público, podendo supoñer unha sanción de ata 750 euros.

ÚLTIMAS

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os...

Un pleno máis tranquilo deu luz á situación de abandono do COF de Orillamar

Pleno máis tranquilo do habitual este xoves 8 de maio no Pazo de María...

Estes son os finalistas dos Premios Martín Códax da Música, os “grammy galegos”

Fixéronse públicos onte públicoss finalistas dos Premios Martín Códax da Música. As bodegas de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here