InicioA CORUÑAAlvedro xa conecta con Milán e espera a chegada de Amsterdam para...

Alvedro xa conecta con Milán e espera a chegada de Amsterdam para o segundo semestre

Publicada o

Por editor

Despois de comezar a unir a Coruña con Xenebra (Suíza) e Londres (Reino Unido), o aeroporto de Alvedro suma hoxe o seu terceiro destino internacional. A conexión con Milán-Malpensa, a través da operadora EasyJet, estréase este martes ás 17:15h, e contará con dúas frecuencias semanais, os martes e sábados, durante todo o ano.

Cun fluxo de tráfico de aproximadamente 29.000.000 pasaxeiros por ano, Milán-Malpensa é o segundo aeroporto máis importante de Italia, despois do de Roma-Fiumicino.

A conexión con Ámsterdam, prevista no segundo semestre de 2023

A esta oferta, esperan dende o Concello que se sume no segundo semestre de ano unha nova liña co aeroporto de Ámsterdam-Schiphol, que tamén contará con EasyJet como compañía operadora.

A conexión con Ámsterdam activarase toda vez que se solvente a escasez de slots dispoñibles actualmente no aeroporto neerlandés, o máis importante dos Países Baixos.

ÚLTIMAS

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

A Xunta de Persoal da Coruña denuncia a “pasividade” institucional ante agresións a sanitarios

A xunta de persoal da área Sanitaria da Coruña-Cee presentou un escrito ante o...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os...

Un pleno máis tranquilo deu luz á situación de abandono do COF de Orillamar

Pleno máis tranquilo do habitual este xoves 8 de maio no Pazo de María...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here